« Voltar

Ruta Gastronómica (Ruta do Castro)


Ruta do Castro.pdf (1.024 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Cervantes (Lugo), comarca dos Ancares
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 8 de Marzo de 2014
PREPARADA POR: Luis e Asun
PREZO DA ACTIVIDADE: 25€ para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 6 de Marzo de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Pola A-6, deixándoa na saída 456, N-VI a Becerreá, de seguido a LU-722 dirección Cervantes e a LU-P-0702, a San Román

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río. Pouco asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 3 horas
DISTANCIA LINEAL: 8,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Natureza, historia do patrimonio artístico e gastronómica
RECOMENDACIÓNS: Bastón, pantalón longo ou polainas polas silveiras
BREVE DESCRICIÓN: Antes de poñernos a andar é imprescindible poñer botas de montaña, posto que as pistas e os cruzamentos de ríos nos obrigan a iso, ao ser unha zona de gran número de regatos e mananciais.
A nosa ruta comeza no “Pórtico de Ancares” en San Román de Cervantes, a pequena e antiga vila, capital do concello do seu nome, situada nunha aba das estribacións dos Montes de Cervantes, duns 100 habitantes e rodeada polos ríos troiteiros Navia e Castro.
Esta parroquia de San Román de Cervantes, de orixe moi antiga e “castrexa” (Castro de Santa María e Minas do Castro e O Corozo) exerceu sempre a capitalidade da xurisdición de Cervantes na que exercían señorío o Hospital de San Miguel de Santiago de Compostela e os Condes de Gramal.
Saímos de San Román, ao lado da “Casa do Concello” onde hai unha pequena praza da cal sae un camiño ao fondo, que nos levará ata o Complexo Etnográfico, onde poderemos visitar unha reconstrución das típicas pallozas dos Ancares.
Seguindo polo camiño que bordea a parte superior das pallozas, comezamos a descender ata chegar ao río Castro.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en San Román, antes de comezar a andar. No prezo está incluído o xantar no restaurante “Villacol”.
« Voltar