« Voltar

Fraga do Barragán


Ruta Fraga do Barragán.pdf (634 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Pazos de Borbén (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 5 de Abril de 2014
PREPARADA POR: Luís e Asun
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 3 de Abril de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Pola AP-6, dirección Pontevedra deixándoa na saída de Redondela. E por estrada local ata Pazos de Borbén.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río. Pouco asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 17 Km.
INTERESE DA RUTA: Natureza, historia do patrimonio artístico.
RECOMENDACIÓNS: Bastón, pantalón longo ou corto, se o día se presenta despexado.
BREVE DESCRICIÓN: Comezamos a camiñar en Pazos de Borbén, na gran explanada onde deixaremos o bus, de seguido deixamos o asfalto e iniciamos a pista forestal, xa que utilizaremos o que foi unha levada de regadío coñecida como As de Maruxa. Percorremos 500 m. completamente planos, que conforman un magnífico e cómodo balcón que discorre paralelo ao río e que nos leva á Ponte de Pau, un lugar este con moito valor sentimental para as xentes do lugar, xa que neste punto se atopou ata os anos setenta unha ponte de madeira que era vital para as comunicacións dos veciños de Freaza coas outras parroquias.
Varias décadas despois pódese cruzar o río pola nova ponte reconstruída no 2012.
Agora, a tan só douscentos metros espéranos o lugar de Freaza, despois dun pequeno tramo de subida algo esixente xa avistamos as primeiras vivendas.
Freaza, unha pequena aldea de casas bastante agrupadas pola que tamén pasaremos á volta. Nesta ocasión o sendeiro discorre pola parte baixa do lugar por un camiño no que as edificacións están a ambos os dous lados. Veciños traballando en labores agrícolas, gando, un lavadoiro, canastros... Unha típica estampa do xenuíno rural galego.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Redondela
« Voltar