« Voltar

Churrascada


DATA: Sábado, 12 de Xullo de 2014
HORA: 14:30 h
INSCRICIÓNS ATA: Mércores, 9 de Xullo de 2014
COMO APUNTARSE: Facer o ingreso na conta do club indicando nome e teléfono.
Nesta actividade non hai límite de prazas podendo facer o ingreso socios e non socios a partir de hoxe.
Nota: A partir das 14:00 horas do día 9, non se admitirá a ninguén máis.
PREZO: Socios: 12€
Non Socios: 25€
OUTRA INFORMACIÓN: A churrascada terá lugar no Restaurante Parrillada "Lar Blanco", en Oroso.
O bus pasará polas paradas habituais que tedes debaixo.
LUGAR HORA
Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 8:55 h
Fogar de Santa Margarita 9:00 h
San Pedro de Mezonzo 9:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 9:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 9:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 9:30 h

Sairemos do Burgo cara á Costa da Égoa e pararemos a tomar o almorzo en Carral.

11.00 horas:
Comezamos a nosa andaina na Costa da Égoa, en pequena baixada ata atopar os muíños do mesmo nome, e iniciar neste punto o roteiro que transita polo sector este do val de Barcia. Tras cruzar o río Barcés, iniciamos unha suba ao Monte Meán, cunhas vistas espléndidas do val, de seguida nos veremos na área recreativa de Rubieiro, lugar para descansar un pouco antes de seguir en dirección ao seu miradoiro, continuamos a andaina por lugares como Rubieiro, Chan de Souto e Chamoso, para ir á procura da Fervenza do Batán, o noso próximo punto será Novas e o seu Pazo das Cadeas. Neste punto comeza unha pequena suba, pegadiños ás costas de Hervés, para acadar o bus.

14.30 horas:
Xantar no restaurante co seguinte menú:
  • Empanada, Tortilla, Croquetas e Calamares.
  • Churrasco mixto (tenreira e porco), Chourizo Crioulo con ensalada e patacas (a repetir).
  • Doces caseiros e xeado.
  • Viño da casa, gasosa, refrescos, auga. Café ou infusión.
COMO CHEGAR: Restaurante Parrillada "Lar Blanco".
Lg. Igrexa, 7, Gándara
15688 - Oroso (A Coruña).
Consulta como chegar en Google Maps
« Voltar