« Voltar

IV Encontro Astur-Galaico Valadouro


Ruta Valadouro.pdf (667 Kb)
ESTA RUTA FOI CANCELADA AO NON ALCANZARSE O NÚMERO MÍNIMO DE INSCRITOS
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de O Valadouro (Lugo)
DATA DA ACTIVIDADE: Domingo, 26 de Outubro de 2014
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios e 17€ para os non socios. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Venres, 24 de Outubro de 2014, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Pola A-6, dirección Lugo deixándoa na saída 563 en Baamonde, onde colleremos a A-8 ata Mondoñedo. E por estrada local LU-160 ata O Valadouro.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra e camiños de río. Algo de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 17 Km.
INTERESE DA RUTA: Natureza, historia do patrimonio artístico.
RECOMENDACIÓNS: Bastón, pantalón longo ou curto, se o día se presenta despexado.
BREVE DESCRICIÓN: O domingo día 26 estamos invitados polo Grupo “Paso Miúdo” de Lugo, ao IV Encontro Astur-Galaico en Valadouro.
Trasladarémonos ata o parque Concepción Arenal daquela localidade, onde esta previsto o inicio das dúas rutas entre as que se pode escoller.
A ruta curta será un paseo xunto ao río Ferreira, duns 7 km. de distancia e terá unha duración aproximada de 3 h. A ruta longa consta duns 17 km. cunha duración aproximada de 5 h. Cada quen poderá participar na que máis lle apeteza.
En canto á comida, a nosa intención é organizarse para xantar todos xuntos no parque Concepción Arenal ou na área recreativa de Alaxe (á beira da ruta, preto de Ferreira). En caso de choiva poderase xantar nas instalacións do pavillón polideportivo.
O final da xuntanza está previsto sobre as 18:00 horas.
OUTROS DATOS: Por culpa do horario será imposible parar a almorzar, teremos que ir preparados da casa co noso almorzo e sobre todo co xantar.
« Voltar