« Voltar

Río Sisalde e cocido de Carnaval


Ruta Río Sisalde.pdf (366 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Arteixo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 21 de Febreiro de 2015
PREPARADA POR: Javier Novás
PREZO DA ACTIVIDADE: 37€ para os socios, 42€ para os non socios federados e 45€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 19 de Febreiro de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo subimos ata Alvedro onde collemos a AC-14 ata Ledoño onde enlazamos coa A-6 ata Sabón e pola AC-552. En Arteixo desviamonos á dereita pola AC-0514 ata a praia de Barrañán.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, sendas, pistas e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 17,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental
RECOMENDACIÓNS: Botas e chuvasqueiro por se chove.
BREVE DESCRICIÓN: A Fraga de Sisalde, situada na parroquia de Barrañán, é unha das últimas testemuñas mellor conservadas que posúe o Concello de Arteixo da Galicia de antano. Este fértil bosque de carballos, castaños, ameneiros e salgueiros acompaña augas abaixo ao río Sisalde ata a súa desembocadura na praia de Barrañán, tras deixar tras de si un amplo carrizal, perfecto para percorrelo só ou en compañía e descubrir a súa beleza e singularidade.
Un roteiro paralelo á canle permite percorrer boa parte deste espazo e que visiten antigos muíños que integran un interesante conxunto etnográfico, á vez que nos falan dos cultivos de cereais que no pasado ocuparon as terras de cultivo e abas nas que hoxe crecen bosques e matogueiras.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Arteixo.
No prezo está incluído o xantar dun bo cocido de Carnaval que degustaremos no restaurante Casa Celia.
« Voltar