SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concello de Valdoviño |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 30 de Abril de 2016 |
PREPARADA POR: | Raquel, Carlos Souto e Blas |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 28 de Abril de 2016, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Sairemos a través da AP-9 ata a saída 34F para enlazar coa estrada FE-12 e despois coa AC-566 que nos situará en Valdoviño. |
TIPO DE SENLLA: | Pista, sendeiros, praias e algo de asfalto nas unións |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 7 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 25 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxística e histórica |
RECOMENDACIÓNS: | Se chove levar protección impermeable |
BREVE DESCRICIÓN: | Sairemos da praia da Frouxeira para dirixirnos ao faro de Meirás e á praia do Río, dende onde comezaremos a subida máis dura do día ao Pico da Vela. Podemos gozar dalgunhas das mellores vistas da Costa Ártabra, das praias de Meirás e da Frouxeira coa súa lagoa, así como de todo o val de Valdoviño. Unha vez alcanzado o Pico da Vela podemos gozar da vista da praia de Campelo e a costa que nos leva ata o faro de Cobas (praias de Ponzos e Santa Comba coa súa ermida). A ruta rematará en Meirás, onde teremos a posibilidade de tomar unhas tortillas e un churrasco para acompañar a tradicional cervexa. O prezo aproximado é de 10€ que se pagarán no local. Os interesados en participar deben comunicalo ao club, mediante correo ou teléfono, ata o xoves 28. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Narón. |