« Voltar

Transcantábrica: San Cibrao-Viveiro


Ruta Transcantábrica 5.pdf (1.190 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de San Cibrao, Celeiro e Viveiro
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 2 de Xullo de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 30 de Xuño de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída 522-B collemos a A-8 dirección Asturias, na saída 575 collemos a AG-64 dirección Ferrol. Na saída 43 collemos a LU-540 e a LU-862 ata a praia de Lago.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiño e tramos de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 30 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar calzado e roupa adecuada ás condicións atmosféricas
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos da praia de Lago en San Cibrao e percorreremos a costa pasando por pequenos portos mariñeiros como Portocelo ou por antigas ruínas como as do antigo mosteiro de San Tirso, construído sobre as ruínas do que parece un castro aínda máis antigo.
Visitaremos a magnífica praia de Esteiro e subiremos ao Monte Faro para gozar das vistas sobre a ría de Viveiro. Pasaremos pola praia de Area, outra das máis espectaculares do percorrido.
Cruzaremos o porto de Celeiro, unha das principais lonxas de España e finalizaremos na antiga vila de Viveiro, cunha zona antiga moi destacable.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Viveiro
« Voltar