SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concellos de Palas de Rei e Melide |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 10 de Setembro de 2016 |
PREPARADA POR: | Margarita Vázquez e Eugenia Carrera |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 8 de Setembro de 2016, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída de Oza-Cesures seguimos pola estrada AC-840 ata Melide. Viramos á esquerda en dirección Lugo. Abandonamos a estrada N-547 na saída marcada como O Coto. Seguimos a estrada LU-P-4001 en dirección ao balneario de Pambre pasando por A Campanilla, Porto de Bois e Vilacendoi ata Sambreixo. |
TIPO DE SENLLA: | Pistas, camiños e algún tramo de asfalto |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 6 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 18 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxística e etnográfica |
RECOMENDACIÓNS: | |
BREVE DESCRICIÓN: | Nesta etapa sairemos da parroquia de Sambreixo para percorrer parte do concello de Palas de Rei. Visitaremos a contorna do Castelo de Pambre, lamentablemente, pechado ao público ata que finalice a súa restauración. Poderemos visitar o castro de Remonde, dende o que as vistas ao castelo son bastante boas. O castro está pendente de excavar, pero poden distinguirse a zona da croa e a interior con certa claridade. Identificouse nunha parte un antigo alxibe. É limpado periódicamente por voluntarios da asociación "Eira da Xoana", ás veces co apoio do concello. Tamén visitaremos as torrentes de Mácara e as pozas e fervenzas que se forman sobre o Ulla, percorrendo a beira esquerda ata o antigo balneario. Achegarémonos a ver a roza, ou dique de represa, máis longo da contorna, tamén sobre o Ulla. Voltaremos a Sambreixo polos soutos da zona. |
OUTROS DATOS: |