« Voltar

Camiños de Caaveiro


Ruta Camiños de Caaveiro.pdf (1.170 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de A Capela e Cabanas
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 21 de Xaneiro de 2017
PREPARADA POR: Raquel e Blas
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 19 de Xaneiro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 en dirección Ferrol e en Cabanas enlazamos coa AC-564 cara a As Pontes e no pobo de As Neves viramos á dereita pola estrada da central do Eume ata O Pazo.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de río, pistas, corredoiras e algo de asfalto nos enlaces
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 17 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, medio ambiental e histórica
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo, impermeable, botas e polainas
BREVE DESCRICIÓN: A ruta sae do lugar de O Pazo e dende alí polo vello camiño de Caaveiro cara ao mosteiro, pero antes de chegar ao camiño que sube dos rumores do Sesín, dirixirémonos á fraga nova nunha dura subida por un bosque atlántico case virxe. Este camiño deixaranos na Pena da Águia, que é o punto máis elevado da ruta.
Dende aquí dirixirémonos ata o pobo de Xavariz, pertencente ao concello de Cabanas, para baixarmos polos antigos camiños ata o río Eume conectando cos camiños dos encomendeiros, que nos levará ao mosteiro de Caaveiro, onde xantaremos.
Despois subiremos a Os Paces para conectar co espazo etnográfico do Sesín nun sendeiro que espertará os vosos sentidos. Dende aquí iremos ver a pedra de mallar e de volta a O Pazo.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en A Capela
« Voltar